viernes, 22 de octubre de 2010

Publicacións e difusión de "As almas do Fental"

Grazas a todos os que vos interesastes polas almas...

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/rueda/muerte/rural/elpepiautgal/20090529elpgal_22/Tes

http://www.axenciaaudiovisualgalega.org/public/index.php?seccion=oficinaproduccion/ficha_proyecto.php&id_proyecto=2276

http://revoltaproducions.wordpress.com/

http://despoblacion.blogia.com/2010/febrero.php

http://festifal.files.wordpress.com/2009/11/folleto_festifal_web.pdf

http://www.periodistes.org/node/28095

http://www.elcorreogallego.es/indexSuplementos.php?idMenu=17&idNoticia=573647

http://www.culturagalega.org/avg/produccion.php?Cod_prdccn=10311

http://www.cubacine.cu/cinepobre/catalogo2010/filmes2.php?Vparticip=05&Vcateg=11&Vlongitud=02

http://www.mrmisto.com/distribucion/castellano/bitgalego.html

http://www.lavozdegalicia.es/lemos/2010/07/09/0003_8599795.htm

http://www.vieiros.com/nova/79002/as-almas-do-fental-e-road-to-gibara-pegadas-galegas-no-festival-de-cinema-pobre

http://www.academiagalegadoaudiovisual.com/index.php/lang-gl/hemeroteca/1886-a-curtametraxe-as-almas-do-fental-seleccionada-para-o-festival-internacional-de-cine-pobre-de-humberto-solas-de-cuba.html

http://ofestivalon.com/curtas/sesion-5/27%E2%80%93as-almas-do-fental

http://www.lavozdegalicia.es/lemos/2010/01/14/0003_8226210.htm

http://www.lavozdegalicia.es/lugo/2009/05/27/0003_7744311.htm
Fotograma de "As almas do Fental" (Fernando Morán)

Fernando Morán

Fernando Morán, gran actor, mellor persoa, un amigo...

http://www.fernandomoran.com/

http://www.culturagalega.org/avg/persoas_detalle.php?Cod_prsa=753&busca=fernando morán

jueves, 14 de octubre de 2010

Crítica/Cine
AS ALMAS DO FENTAL

A Arcadia que deixou de ser feliz...

Miguel Anxo Fernández

Afirma David Vázquez que a primeira intención da súa curta As almas do Fental “era a necesidade de dar un toque do que está pasando co despoboamento do rural” no país cunha sangante indiferenza, da sociedade en xeral e dos políticos (e as institucións) en particular. Un tema que, por desgraza, non é novedoso pero si o é que se afronte de maneira tan singular a través das imaxes, das imaxes pero tamén dos sons, elemento que acada un particular protagonismo na narración, e xa veremos a causa. Á marxe do singular recurso do guión para amosar a resistencia á soedade do único habitante que fica no Fental (0 habitantes, 13 almas cando a trama conclúe), e que certamente supón unha sorpresa para o espectador, o filme aposta tamén por incitar á reflexión.

A cámara retrocedendo en travelling sobre os pasos do personaxe principal (afortunada a eleción de Fernando Morán) polo mesmo camiño que andivera (acompañada da evocadora música de Chechu Carballido), ó tempo que imos descubrindo os seres a quen pouco antes lles foi falando mentres se dirixía a darlle ó sacho, é unha chamada ó espectador a matinar sobre se non somos todos coresponsables do que está a pasar. Esa chave caendo bruscamente no chan, é tamén o peche a un mundo que en tempos idos tivemos por Arcadia feliz máis alá de lecturas sobre o seu atraso económico e o seu rexeito a incorporarse á (mal entendida) modernidade.

Para quen lles escribe, orixinario de dúas aldeas no Ribeiro alto por enriba do Miño e pertencentes ó concello de Punxín, Freás e Maside, e sobre as que conservo gratas lembranzas da infancia, as imaxes de As almas do Fental resúltanlle moi próximas. Ó tempo, David Vázquez entronca pola vía temática, co añorado Chano Piñeiro que a súa maneira, tamén reflexionou nos anos oitenta sobre a aldea e sobre un mundo en fuga, estragado pola desfeita migratoria, primeiro na curta Mamasunción e despois na longa Sempre Xonxa. Se en Chano aínda traslucía un certo pouso daquela Arcadia nostálxica, David opta polo pesimismo movido polo teimudo dos feitos, esas máis de 1000 aldeas galegas que levan o camiño de emular ós vellos castros, e que algún día quizáis sexan excavadas para atopar entre os seus restos moitas das esencias identitarias dunha Galicia que esmorece entre as silveiras devoradoras.

Outro cineasta galego, Ignacio Vilar, tamén sensible á triste realidade do despoboamento, optou polo optimismo coa longa Pradolongo. No seu filme, remata impóndose a tradición ó especulador depredador, quizáis porque non fondo aínda confía en recuperar a vella Arcadia. Finalmente, regresando a curta As almas do Fental, compre referirse a un recurso que vai máis alá do estilo. O uso do son en off. O único habitante da aldea sabe pola radio da toleirada da vida urbanita e tamén fala só. Mais cando colle o sacho e comeza a súa andaina comenta cos veciños ó seu paso. Unha maneira de sentirse acompañado... polas almas do Fental. Daí á (triste) sorpresa final. O aporte da curtametraxe de David ó imaxinario audiovisual galego, medrará conforme a súa difusión se amplie e conforme o paso tempo a consolide como obra rigorosa que levantou acta pola vía da ficción, da triste realidade do despoboamento rural pero tamén dun mundo que desaparece para non volver.

No Carballiño, a 7 de outubro de 2010

http://gl.wikipedia.org/wiki/Miguel_Anxo_Fern%C3%A1ndez

viernes, 8 de octubre de 2010

Unha grata noticia... ver que máis de 2000 persoas vistes a curtametraxe, o cal me honra e consideroo como o mellor premio, moitas grazas a todos espero que vos gustara tanto como eu desfrutei facéndoa, xa sabemos que todo é mellorable, e neso estamos, en mellorar día a día, por iso xa hai dous proxectos novos.. MOITAS GRAZAS.
Longa vida ó rural...
David Vázquez Vázquez.
PD Porsuposto moitísimas grazas ó equipo técnico e a Fernando Morán, que sempre está ahí.